Perez&Fernandez

 Foto: Corsino©

Cía. Pérez&Fernández

Victoria Pérez y Manu Fernández, "amigurumis" desde el año 2001

Lewis Hyde, en "The Gift: Creativity and the Artist in the Modern World", sugiere que los humanos siempre entran en acción y toman decisiones partiendo de dos puntos posibles: el instinto de supervivencia y el impulso de regalar. Esta compañía nace del impulso instintivo de supervivencia, de la necesidad de crear, de regalar un viaje a los demás más allá da su experiencia cotidiana.

 

Victoria Pérez y Manu Fernández creamos en 2014 la Cía. Floristería para producir la pieza escénica "Yo me encargaba de los niños y mi marido de la parte de los gastos" nuestro primer espectáculo para público adulto, una coproducción teatral de creación colectiva sobre la desigualdad de género.

"El poder de Amabel" estrenada en Enero de 2016 es nuestro primer espectáculo para público familiar con el que fundamos la Cía. Pérez&Fernández.

 

Eu encargábame dos nenos e o meu home da parte dos gastos.

“Hai xoias de plástico, coches de plástico, comida de plástico e igualdades de plástico”

Montse Dopico 17/09/2015

O que criamos ter acadado coa loita pola igualdade de xénero eran pouco máis que cativas concesións do poder. Esta é unha das ideas que formula ‘Eu encargábame dos nenos’, de Cía.Floristería e ArtesaCía.

“Cando miras para algunhas desas mulleres que en teoría representan as máis altas esferas da sociedade, o éxito en carne e óso, o triunfo, e indagas levemente no papel que representan nos círculos nos que interaccionan, o que unha sinte é unha clase moi especial de noxo que ten moito que ver con sentirse traizoada no máis íntimo”. Así o di Victoria Pérez, actriz e cocreadora da obra ‘Eu encargábame dos nenos e o meu home da parte dos gastos’, que Cía.Floristería e ArtesaCía presentaron no Festival de Teatro Galego do Carballiño. A montaxe cuestiona se a loita feminista conseguiu acadar os cambios sociais que agardaba, ou se todo segue (case) igual. E apunta en especial á responsabilidade das mulleres de clase alta. Á asunción acrítica de roles e actitudes tradicionais e patriarcais.

Cambiou tanto a situación da muller de hoxe respecto a das nosas nais? Esa é a pregunta da que xorde a obra. Por que?

Xorde por necesidade. Este proxecto arrincou sendo tres actrices as que formulamos unha tormenta de ideas arredor das nosas preocupacións comúns. Por un lado falar de mulleres pioneiras, por outro da desigualdade de xénero ou de como fixeron as nosas nais para parecer estar máis satisfeitas ca nós cas súas vidas, a pesar de que foron elas as que se sacrificaron por nós para que foramos máis libres e estiveramos máis preparadas. Así comezamos a tirar do fío e a repasar a historia recente da muller, dende a nosa particular perspectiva do que nos tocou vivir.

Tiramos do fío e a conclusión non foi que a loita feminina puidera resumirse de todo nun repertorio cronolóxico de meritorias conquistas, senón máis ben nun constante cambio de escenario para eternos fracasos. Cambiaban os nomes das cousas e os electrodomésticos gañaban en sofisticación, pero seguíamos relegadas coma sempre, case coa mesma capacidade de decisión nos acontecementos futuros que na prehistoria. O que criamos ter acadado ca nosa loita non eran máis que concesións que conviñan en cada momento ao poder.

Pouco a pouco foron saíndo máis temas, investigamos, discutimos, lembramos acontecementos, como aquela época na que as mulleres facían campaña, porque resulta que querían igualdade no exército, por exemplo. Querían poder ser soldados. Reflexionamos que iso se vendía como un éxito, que as mulleres acadaran o dereito de ser tan estupidamente soldados coma os homes. Aquilo vendíase coma unha conquista. Non era esa a clase de igualdade que perseguíamos, claro. Así que fomos tirando do fío, tratando de formular se se daba a mesma clase de conveniencia en tódalas demáis cousas descritas como conquista, en termos de igualdade home-muller.

E foron saído cousas. Cousas coma a de que, se a democracia é unha artimaña da mesma tiranía de sempre, non custa nada outorgarlle o sufraxio á muller. É algo, de feito, que convén, se queres dar a impresión de igualdade. Cuestionamos entón que a igualdade que se está conseguindo non é tanto por achegamento dos dereitos da muller ós do home, senón por redución paulatina dos dereitos do home . O voto dun home e o voto dunha muller valen o mesmo: nadiña. Neste contexto, non custa outorgar novos dereitos.

A partir de aí, presentádesnos un mundo de plástico e cor asentado nun falso discurso sobre a liberación da muller. Mais, se o obxectivo é cuestionar se a situación mudou tanto, por que optar pola historia das irmáns Skipper, representantes dunha clase social moi determinada?

Cando miras para algunhas desas mulleres que en teoría representan as máis altas esferas da sociedade, o éxito en carne e óso, o triunfo, e indagas levemente no papel que representan nos círculos nos que interaccionan, o que unha sinte é unha clase moi especial de noxo que ten moito que ver con sentirse traizoada no máis íntimo.

Esas mulleres de posición privilexiada, que son exemplo a seguir para moitos, poderían axudarnos a todas e facer coa súa voz xigante máis que dous millóns de nós coas nosas voces diminutas, pero aceptan representar á perfección o canon imposto, o arquetipo Barbie, é manternos no desterro. É por iso que fomulamos a cuestión de se as irmáns Skipper, ese prototipo de muller de clase alta con estudios, deportistas, con moito tempo para o ocio… conseguirán sumir no esquecemento ás miles de mulleres que sen tanta facilidade nin acceso a medios como elas, representaron actos de valentía e superación espectaculares.

As dúas irmás representan, por iso, ao mesmo tempo a asunción do rol tradicional de muller, (ama de casa), e o intento de superalo. E hai unha ambigüidade niso. É un xeito de presentar unha xeración que se atopou con esas contradicións?

A cousa é que o canon publicitario sempre representa un imposible. Os pobres non saen nos anuncios. O que se emprega é unha imaxe exitosísima que parece ó alcance de todos, e que pretende precisamente iso. Queriamos contar iso evidenciando ademais que esa estratexia leva sendo repetida por distintos medios ó longo dos séculos. A idea que ti tes do que acadou a tua nai, é a mesma idea que a túa nai ten do que acadou a súa, e así sucesivamente, nun bucle infinito. Todo ten a pinta dende sempre de que se vai solucionando, pero o único que ten, e a pinta.

Se cadra tamén é un xeito de representar a profesional de hoxe que asume a maior parte, todo ou case todo o traballo da casa e o coidado dos fillos pero ten que ser unha traballadora hipercualificada. Nese sentido, a onde queredes levar o debate? (Roles tradicionais que se seguen a asumir de forma acrítica…)

Hipercualificadas creo que tivemos que estar sempre. De toda a vida. O canon de esposa perfecta esixe a perfección, dende sempre. Se esixes a perfección o inevitable é o fracaso, e se metes a alguén nun contexto de fracaso constante podes xustificar non outorgarlle máis responsabilidade, e que él mesmo –ela mesma- chegue a asumir que non a merece.

En relación con iso, o mundo da publicidade, nas súas diferentes etapas, está moi presente. Neste caso, o obxecto da crítica é a propia publicidade e o seu sexismo? Ou é tamén un xeito de mostrar a evolución da propia sociedade respecto ao tema do xénero?

Encantaríanos poder dicir que a publicidade naceu para difundir o ben, e a educación ou a cultura, pero non é asi. É o interese, o que motiva a súa existencia. Cando nace un novo medio para divulgar información, o seu emprego sempre está restrinxido a aqueles que ostentaban unha posición de poder, e a sua vocación é manter esa posición de poder, así que usan o novo medio para iso. Para mantela e para fixala. Así vivimos presos desa inercia dos tempos e as cousas seguen facéndose como se facían porque ninguén esta disposto a ceder o seu asento, ou porque o poder é, por definición, covarde, e prefire eternizarse a mellorar.

A obra presenta unha reflexión paralela a iso, que é como o consumismo aumentou a presión sobre as mulleres, reforzando os roles tradicionais (a cociñeira perfecta), en amalgama cos novos (a muller sexualmente liberada, economicamente independente, pero emocionalmente dependente, nunca máis lista que o home, etc). Por iso a metáfora do mundo de plástico?

A publicidade di entre outras cousas que tes que ser independente, ter carácter, saber valerte por ti mesma, ser única e marabillosa. A publicidade separa, quere crear parcelas individuais de consumo. É máis rentable. Se dous viven na mesma casa, poden compartir lavadora, se viven sós, precisan dúas. Ben puido ser que por esta fame inherente ao consumismo, e non por verdadeira convicción, se articulara esa enésima liberación feminina: rendibilidade da muller como consumidora e como producto en si mesma.

O plástico ten xa asociada esa cualidade de falso. Pola sua maleabilidade, podes construír calquera cousa con plástico, darlle a forma que che pete. Hai xoias de plástico, coches de plástico, comida de plástico, e igualdades de plástico.

Hai unha parte na que unha muller se presenta a un posto de limpadora para un proxecto da Nasa e resulta que é unha moi preparada e culta matemática, ademais de excelente deportista… De que xeito quixestes ollar ao mundo do traballo, neste aspecto? (Non lle pasaría só a mulleres isto).

É certo que optar a postos por debaixo da cualificación propia é algo que ocorre a ambos sexos, pero o que tamén é certo é que a nosa representación en postos decisorios segue sen estar en proporción coa nosa taxa poblacional, estando como está demostrado, que por capacidade, non é.

E conste que a crítica que se fai faise dende a perspectiva da muller, pero coma ser desprezado, e non ten vocación meramente feminina: coma o clamor de todos os que pretenden igualdade, ten vocación universal. Molesta exactamente o mesmo que o que teña que arrastrar a súa dignidade sexa un rapaz preparadísimo culpable dun crime tan voluntario coma o de ser muller, que ese de ser negro, ou non ter nacido en casa rica.

  • Facebook
  • Youtube
  • Mail