Cía. Pérez&Fernández
Victoria Pérez e Manu Fernández, "amigurumis" dende o ano 2001
Lewis Hyde, no seu libro "The Gift: Creativity and the Artist in the Modern World", suxire que os humanos sempre entran en acción e toman decisións partindo de dous puntos posibles: o instinto de supervivencia e o impulso de regalar. Esta compañía nace do impulso instintivo de supervivencia, da necesidade de crear, de agasallar unha viaxe ós demais máis aló da súa experiencia cotiá.